luns, 17 de outubro de 2016

A Escola Galega de Mergullo Profesional

A ESCOLA GALEGA DE MERGULLO PROFESIONAL

A formación de megullo profesional en Galicia se imparte no Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA) da Illa de Arousa (Pontevedra), que conta cun Departamento de Mergullo Profesional que se engarga tanto da formación reglada (Formación Profesional de Grao Medio de Técnico en Operacións Subacuáticas e Hiperbarícas), da non reglada (Títulos e Especialidades de Mergullo Profesional) e da formación dos recolectores de recursos pesqueiros con técnicas de mergullo (Recolectores Submarinos).


O Técnico en Operacións Subacuáticas e Hiperbáricas ten unha duración de 2000 horas que se desenrolan ao longo de dous cursos. No primeiro curso se imparten os módulos de:
  • Intervención hiperbárica con aire e nitrox.
  • Instalacións e equipamentos hiperbáricos.
  • Fisiopatoloxía do mergullo e emerxencias.
  • Monobra e propulsión.
  • Formación e orientación laboral.
No segundo curso se imparten nos dous primeiros trimestres do curso:
  • Reparacións e reflotacións.
  • Corte e soldadura.
  • Construcción e obra hidráulica.
  • Navegación.
  • Inmersión desde campá húmida.
  • Empresa e iniciativa emprendedora.
No terceiro trimestre do segundo curso se realiza a formación en centros de traballo (FCT).

Ningún comentario:

Publicar un comentario